O alumnado do noso centro participou nunha saída ao impresionante Canón do Sil, unha das paraxes naturais máis emblemáticas da nosa contorna. A xornada comezou no embarcadoiro de San Estevo, desde onde iniciamos un agradable percorrido en catamarán.
Ao longo da ruta, tivemos a oportunidade de contemplar paisaxes únicas, con impoñentes paredes de pedra e unha vexetación característica que fai deste lugar un espazo de gran valor ecolóxico e paisaxístico. Ademais, esta experiencia permitiunos coñecer mellor a importancia de conservar o noso patrimonio natural.
Sen dúbida, foi unha xornada moi amena e enriquecedora, na que o alumnado puido gozar do contacto directo coa natureza, compartir momentos cos seus compañeiros e aprender fóra da aula dun xeito diferente e motivador.



















No hay comentarios:
Publicar un comentario