Co gaio do día das Letras Galegas 2019 adicadas a Antón
Fraguas, personaxe destacado na defensa do Patrimonio Galego. En Radio Maraña
fixemos un percorrido por algunhas das manifestacións deste patrimonio na nosa
Comunidade Autónoma, e tamén na nosa contorna.
Entrevistamos a Delfín Caseiro Nogueira, presidente do
Museo Etnográfico da Limia. Tamén falamos cos nosos maiores para que nos
contaran as súas lembranzas en temas como o Entroido, tan arraigado na nosa
comarca da Limia. De que xeito cambiou a vida das nosas avoas e avós e, incluso,
falamos con algúns dos peregrinos e peregrinas dos moitos que pasan polo noso
pobo con destino a Santiago, e fan noite para descansar
no noso albergue. Como non pode ser menos, tampouco vai faltar a música no noso
programa... e algunha que outra sorpresa.
Este podcast é presentado no I Concurso de Podcast_ Radio na Biblio.
Desexamos que vos guste.
Que bonito!! son unos expertos verdaderos artistas de verdad que me encanta me siento orgullosa del Colegio de Vilar de barrio.
ResponderEliminar