- Deixamos que apareceran fungos en varios alimentos e observamos minuciosamente o que acontecía co paso dos días.
- O alumnado maior mostroulle ós máis pequenos novos produtos cultivados nas súas fincas ou nas da veciñanza. Previamente investigaron para poder compartir a información obtida. Destacamos as esponxas naturais e a feixoa.
- Prantamos diferentes seméntes para estudar a evolución e crecemento.
- Reproduciron, con ceras de pintar trituradas, a formación das rochas.
- Observaron polo miúdo diferentes insectos.
- Prepararon presentacións sobre o animal que escolleu cada quen e foron expostas para o resto da clase, traballando as características dos diferentes grupos de animais.
- Visitamos a exposición da Fundación Abanca: La Palma, volcán e vida. Ademáis de ver fermosas imaxes, tivemos a sorte de poder meternos dentro do volcán e dunha vivenda de La Palma grazas ó uso de gafas 3D e participar a continuación nun obradoiro STEM no que tivemos que programar con Scratch unha placa microbit para superar algún reto de alarma relacionado coa actividade volcánica.
O alumnado de 5º preparou diferentes presentacións sobre un animal elexido por cada quen e, que despois foron expostas tendo como ointes o resto da clase, 4º, 5º e 6º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario