O xoves, 11 de maio tivemos a sorte de contar con Yolanda Castaño no noso colexio, no marco do proxecto BIBLIOTECA E FAMILIAS, para levar a cabo un obradoiro de poesía ó que asistiron familias e alumnado, baseado nun contacontos do seu libro COLLER AS RENDAS, no que cada un dos animaliños protagonistas teñen un camiño que trazar; e tanto eles coma nós, debemos aprender a valorarnos e respectarnos tal como somos e loitar para trazar o camiño que queremos seguir.
Desfrutamos moito con ela, traballamos poemas e letras pero tamén a autoestima e moitos outros valores que nos transmitiu coas súas sosegadas palabras. Ninguén tiñamos présa por rematar o obradoiro e ata conseguimos levala a Radiomaraña e gravar con ela un poema e unhas recomendacións para un dos programas de radio que estamos facendo, OS OFICIOS DO CAMIÑO, no que unha das profesións das que falamos é a de escritora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario